Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro del Andamio: Que che conten un conto


Autor: Álvaro Guevara

Director: Álvaro Guevara

Elenco: Bárbara Grandío, Vanesa Suárez, Ismael Rodríguez, Yago Pérez

Público: Infantil

Sinopse: Que che conten un conto é a historia dunha amizade entre un rapaz, un can e un gato.
Martín, na feira, sálvalle a vida aos dous, pero a súa nai bótao da casa porque gastou niso todos os cartos que lles quedaban. Isto levarao a un longo camiño de aventuras: atópase cunha serpe encantada, viaxa ao fondo do mar onde Neptuno lle dá un anel máxico… Axudado polos xenios do anel, contrúe unha casiña, pero entón a súa nai resolve casalo coa filla do Emperador… Outra vez comezan as aventuras xa que ten que construír un castelo e unha ponte de cristal, pero remata nun calabozo condenado á forca. Finalmente son os seus amigos, o can e o gato, os que esta vez salvan a súa vida.
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

22 de decembro

Casa da Cultura Pintor Llorens
SADA

14 de outubro

Auditorio Municipal
VIGO