Caramuxo Teatro: Historia dunha semente
Autor: Juan Rodríguez
Director: Juan Rodríguez
Elenco: Juan Rodríguez, David Loira
Público: todos os públicos
Sinopse: Dúas persoas buscan algo pero non saben o que están buscando ata que o atopan. Unha semente. Como é posible que algo tan pequeno se converta nunha grande árbore?
Historia dunha semente é a historia dunha árbore, unha maceira que enche de vida a pradeira. Galiñas que non poñen ovos, raposos con moita fame, unha mosca namoradiza en busca do moscón perfecto para casar, unha nube e un sol moi peculiares e moita diversión.
Unha fábula que reflexiona sobre a natureza e os cambios que se producen nela. Humor, monicreques e teatro para os máis novos.