Anacaona Latin Jazz Quarter
Programa Redesons Jazz
Intérpretes: Gastón Rodríguez (guitarra), Quique Alvarado (baixo), Pablo (saxo), Fernando (batería).
Anacaona Latin Jazz está formada por músicos consagrados e de recoñecido prestixio, gañado a base dunha longa vida nos escenarios de todo o mundo, e son destacados profesores nas mellores escolas de música da Coruña e Santiago. O seu líder é Quique Alvarado.
Anacaona, música quente e chea de raíces, jazz asequible a todos, aderezada coa mestría destes catro virtuosos instrumentistas. Sen dúbida, deixarán ao público con moi bo sabor de boca e serán a delicia de todos.
Programa:
Mambo Inn
Guachi Guaro
A Nigth In Tumisia
Caravan
Equinox
My Litle Suede Shoes
Song for My Fathers
Wane
As In Morning