Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

BStudio: De meu

Programa Rededanza


Dirección: Dolores Mayán Rubio

Intérpretes: Emilia Pardo, Natalia Iglesias, Vanesa Otero, Celia Mayer

Escenografía: Dolores Mayán Rubio

Iluminación: Paco de P'ink

Son: Kachet loxística

Sinopse: De meu xurde da necesidade de explorar e repasar os roles que a sociedade asigna á muller, da falla de liberdade que ten de elixir un camiño de seu, da repetición, aparentemente inocente, de estereotipos que atrancan o desenvolvemento das persoas, as limitan e condicionan negativamente, marcan e dirixen os seus pasos. Quimeras de muller ante os camiños da vida que cree de seu cando son doutros ou alleos.
Búscase reflexionar e ser consciente da situación, a través dun crisol plástico composto de elementos narrativos e emocionais (xesto, danza, son, luz, obxectos, vestiario…) que provoquen o diálogo entre obra e espectador.
"É unha historia de camiños transitados por mulleres, de estereotipos, de pasos obrigados, de resistencia, de ilusións, de… necesidade de transformar a realidade".
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

29 de decembro
/// 20.30

Auditorio Municipal
Ourense

7 de outubro

Auditorio Carmen Estévez Eguiagaray
VILALBA