Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Sapristi: So, sobre


Autor: Evaristo Calvo

Director: Evaristo Calvo

Elenco: Patricia Vázquez, Nuria Sanz, Rodrigo López, Piti Sanz.

Público: Maiores de 13 anos

Sinopse: Fe e Esperanza son dúas mulleres ás que lles deu sorte formar parte da lexión de persoas que deben gañar o sustento malvendendo as horas das súas vidas executando traballos no penúltimo paso da escada social a cambio dunha presa de euros que, coma a area, desaparecen en canto abres a man.
Traballando para unha empresa de limpeza, apenas alcanza o mínimo para a súa subsistencia. Nesa situación, calquera imprevisto supón un drama para as dúas amigas.
Fe toma a iniciativa e solicita unha licenza para establecer unha liña erótica telefónica. Os ingresos comezan a subir, polo que parece que a sorte cambia para as dúas mulleres.
A singularidade e imaxinación que despregan as mulleres nas súas locucións chama a atención dun importante produtor de películas X, que as pon en nómina. Levada da curiosidade, e tamén do interese por aumentar as rendas, Fe proba sorte coa prostitución. Dende a súa primeira experiencia percátase de cal debe ser o seguinte paso lóxico; a psicoanálise. Fe convértese en psicoanalista.Ten en Esperanza a súa primeira paciente...
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

19 de novembro

Auditorio Municipal Hernán Naval
RIBADEO

11 de novembro

Auditorio Municipal
CEDEIRA

15 de outubro

Casa da Cultura Pintor Lloréns
SADA

7 de outubro

Pazo Emilia Pardo Bazán
SANXENXO