Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro do Morcego: Farsa de Bululú. Homenaxe a Manuel María


Autor: Manuel María

Director: Celso Parada

Elenco: Maxo Barjas, Celso Parada, Miro Magariños, Paco Campos, Mundo Villalustres, Alberte Barreiro, Marián Bañobre, Miguel Varela, Blanca Cendán, Santiago Cortegoso, Olivia Maté, Carmela Bueno, Leticia Alfada, Ánxeles Soliño.

Público: Adulto

Sinopse: A farsa de Bululú rematouna de escribir Manuel María en 1970 e é unha sátira política escrita en clave por mor da censura; sátira que fai referencia á situación política dos anos anteriores do franquismo. Deste xeito, tras o Bululú, o Gran Mariscal e a Raíña Facunda están Franco, Carrero e demais personaxes do réxime franquista nunha crítica clara ao exército.
Esta farsa que bebe nas fonte satíricas de tradición galega do escarnio e maldicir, ten claras referencias valleinclanescas e tamén lorquianas e mesmo, aínda que Manuel María parece ser que non coñecía o Ubú Roi de A. Jarry, ten tamén certas semellanzas interesantes con esta gran obra do teatro do absurdo, como moi ben teñen apuntado Lourenzo e Pillado na súa obra O teatro galego. A compañía escolleu esta obra de Manuel María porque representa, se quere, a metáfora do militarismo actual no mundo. Foi ese carácter antimilitarista do texto o que a levou a poñer en escena esta farsa que quere ridiculizar a megalomanía dos ditadores, o esperpento dun mundo onde calquera pretexto ridículo é xustificación para unha guerra, un conflito bélico, unha invasión, unha agresión, que detrás só agocha intereses económicos ou estratéxicos. Daquela, detrás deste Bululú, tamén están o señor Bush e os seus estrategos da violencia no mundo. Este Bululu vén sendo a metáfora; Morcego quixo conducir este esperpento a través das técnicas do cabaré político ou do musical, para actualizar ou aproximar este Bululú de Manuel María ao público de hoxe.

Datas anteriores

25 de novembro
/// 20.00

Auditorio Municipal
NARÓN

5 de novembro
/// 19.00

Auditorio Municipal A Xuventude
CAMBADOS

6 de outubro
/// 22.30

Teatro Municipal Lauro Olmo
O BARCO DE VALDEORRAS