Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro del Noctámbulo: El búfalo americano


Autor: David Mamet

Director: Paco Carrillo

Elenco: Javier Magariño, Juan Antonio Lumbreras, José Vicente Moirón

Público: adulto

Sinopse: Don, o dono dunha tenda de obxectos de segunda man, vende unha moeda coa figura dun búfalo americano por máis cartos do que esperaba. Se nada do que hai na chatarraría ten valor real, se todo é quincalla, por que pagaría alguén tantos cartos por unha moeda?
Don comenza a crer que foi timado. A moeda era súa e ten que recuperala. Decide roubar o "búfalo" ao seu comprador. O seu cómplice será Bob, o seu protexido, pero todo dará un xiro inesperado cando entra en escena Teach, amigo e compañeiro de Don.
Esta peza preséntanos a tres perderores, tres seres que pertencen a esta sociedade, e aos que non sabemos ou non queremos ver. Unha metáfora degradante da ambición humana, reflectida nunha comunidade masculina rapaz, competitiva e incapaz de incubar sentimentos solidarios. En definitiva, un texto contemporáneo que ten moito que dicir nos nosos días.

Datas anteriores

6 de outubro

Teatro Principal
A ESTRADA