Pepe Hevia: Delicado abismo
Programa Rededanza
Dirección artística e coreográfica: Pepe Hevia
Intérpretes: Viviana Boronat, Danay Hevia, Marta Pardos, Silvia Paricio, Sonia Romá, Pepe Hevia
Música: tr, The Bulgarian Women's Choir, Alexander Balanescu, Tuxwdomoon
Edición musical: Angélica Medina
Creación videográfica: Pepe Hevia, Kim Suñol
Vestiario: Cuchifrita
Espazo escénico: Emma Pardos
Iluminación: Arnau Julián
Público: adulto
Sinopse: Esta peza é unha homenaxe á obra de Monteserrat Gudiol, un traballo que afonda nas raíces da memoria, lanzándose a ese delicado baleiro onde permanece o recordo antes de transcender no tempo.
As cores, mans e rostros nos cadros de Montserrat Gudiol duplican as súas emotivas imaxes grazas á coreografía de Pepe Hevia, a través de simboloxías que actúan como fío condutor vital ao longo de toda unha traxectoria artística e persoal. É o reflexo de personaxes atrapados na memoria e transformados polo paso do tempo nun universo de belezas e realidades.
Delicado abismo é esa pinga de óleo vermello que percorre as obras de Montserrat Gudiol un segundo antes de se secar e quedar oculto, latente entre os nosos recordos, mentres os bailaríns, con limpas pinceladas, enchen de esperanza un lenzo imaxinario onde se fai eterna a memoria.
Joaquín Arias