Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Sapristi: Unha merenda de Alicias


Autor: José Campanari (a partir de textos de L. Carroll)

Director: José Campanari

Elenco: Patricia Vázquez, Nuria Sanz

Público: infantil-xuvenil

Sinopse: Dúas actrices, unha boneca e un espello representan a Alicia.
O día catro ás seis, segundo din os reloxos do xogo, estas Alicias xúntanse para merendar.
Primeiro poñen a mesa e despois esperan aos convidados. Todos estes personaxes interaccionan entre eles, dando lugar a situacións e personaxes da obra de Carroll. Flores que falan dos seus medos, Humty Dumpty e os seus regalos de aniversario, o coello branco que sempre está apurado e ata a mesmísima raíña de corazóns disposta a cortarlle a cabeza a quen a contradiga.
Estes son algúns personaxes que forman parte deste tempo de espera, mentras os convidados non chegan e os reloxos anuncian que son as seis do día catro e xa está todo listo para recibilos.
Unha merenda de Alicias que ten algo de xogo infantil das visitas e moito da merenda de tolos.
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

3 de outubro

Teatro Municipal Área Panorámica
TUI