Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

10&10 Danza: Hebras de mujer

Programa Rededanza


Coreografía e dirección artística: Mónica Runde

Intérpretes: Marcela Aguilar, Dácil González, Joaquín Hidalgo, Javier Machín, Gustavo Martín, Naiara Rojo, Mónica Runde.

Música orixinal: Pedro Navarrete

Dramaturxia: Natalia Menéndez

Escenografía e vestiario: Elisa Sanz e Marka Chamorro

Deseño de luces: José Manuel Guerra

Dirección técnica: Iván Martín

Mestra de baile: Myriam Rodríguez

Público: Adulto

Sinopse
Febra: Na madeira, aquela parte que ten consistencia e flexibilidade para ser labrada ou torcida sen saltar e sen quebrarse.
Violencia de xénero ou educación?
Unha reivindicación da figura da muller, dunha forma íntima, persoal, sensible ante todo o que doe ou padece. Tres momentos que falan de tres mulleres, de tres tipos de muller cuxa constante vital é a falta de liberdade e a súa evolución ó longo do século XX: a muller dos anos trinta, sen dereito a voto, cuxo único obxectivo é formar familia; a muller dos sesenta, que irrompe no mundo laboral aínda que a súa historia segue vencellada ao mundo masculino, do que depende; e as mulleres de hoxe, liberais e conservadoras, que conforman dous tipos de "familia" ben diferenciados.

Datas anteriores

31 de outubro
/// 12.00

Auditorio Municipal Hernán Naval
RIBADEO

1 de outubro

Teatro Principal
OURENSE