Migallas Teatro: O carballiño enfermo
Autores: María Campos, Carlos Yus
Directora: María Campos
Elenco: Carlos Yus, María Campos, Rubén Rey, Xurxo Cortázar
Público: Infantil
Sinopse: Rosiña e Antón están arrombando o faiado. Entre os cachifallos atopan unha landra de carballo que lles fai lembrar a historia dun carballiño amigo deles ao que atenderon cando enfermou. Para intentar curalo tiveron que pedirlles axuda a varios personaxes naturais de diferentes países. A través dunha historia divertida trátanse cuestións como as semellanzas e as diferenzas entre os pobos e a necesidade de coñecerse, respectarse e cooperar uns cos outros para conseguir resolver os problemas. Tamén se aborda a importancia dos vellos e vellas como fonte de sabedoría.