Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Fulano, Mengano e Citano: O faro

Autores: Manuel Pombal, X. Manuel Conde, Manuel Botana
Directores:Fulano, Mengano e Citano

Elenco: Manuel Pombal, X. Manuel Conde, Manuel Botana

Público: Maiores de 13 anos

Sinopse: Enrique, fareiro titular por oposición, debido a motivos que non son da incumbencia de ninguén nin, por suposto, tampouco dos espectadores, ten que ausentarse durante uns días e vai deixar un substituto no seu posto.
O "interno clandestino", home de terra adentro, non viu un faro na súa vida e non ten "pajolera" idea de como funciona.
Pero, que problema pode haber! Faro de última xeración, completamente automatizado, raio láser integral e tecnoloxía informática de sete estralos. Que problema? Ningún.
Claro que… dende que Murphy é Murphy e a súa lei vai como vai, xa nin deus está seguro. Xa veredes como neste idílico remanso de paz marítima non ha faltar quen lle toque os "testighos" ao noso interno clandestino.
Aínda que… ao mellor tamén é posible que non pase nada.
Queremos sabelo?
Pois a ver a obra, que para iso se fixo!
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

1 de xuño - 2 de xuño
/// 20.30

Auditorio Municipal
VIGO

4 de maio
/// 21.00

Casa da Cultura Ramón Martínez López
BOIRO

13 de abril
/// 22.00

Teatro Coliseo Noela
NOIA

23 de marzo
/// 20.00

Teatro Pastor Díaz
VIVEIRO

23 de febreiro
/// 20.30

Centro Cívico Cultural
ARTEIXO

4 de febreiro
/// 20.00

Casa da Cultura Pintor Lloréns
SADA

9 de novembro - 10 de novembro
/// 11.30 - 20.30

Teatro Principal
PONTEVEDRA

22 de outubro

Casa da Cultura
BETANZOS

8 de outubro
/// 19.30

Centro Sociocultural
SAN SADURNIÑO

29 de setembro
/// 21.00

Casa da Cultura de Bertamiráns
AMES