Druída Danza: Verde transparente
Programa Rededanza
Dirección: Mercedes Suárez
Coreografía: Mercedes Suárez
Intérpretes: Miguel A. Ponte, Yolanda Pérez, Silvana Gouñago, Beatriz Garrido, Matilde Pedreira, Pastor R. Feal.
Música orixinal: Isaac Garabatos
Músicos: Mónica Denut (voz), Isaac Garabatos (guitarra), Lorena Freijeiro (gaita e frauta), Jesús A. Tejada (baixo e guitarra), Patricia Argüelles (violín), David González (percusión).
Escenografía: María Villas
Vestiario: Isi e Soco Seoane
Iluminación: Marcos Viéitez
Son: Xoan Escudero
Sinopse: Os movementos migratorios no seu dobre sentido son o motivo inspirador deste espectáculo. Galicia, historicamente vencellada ao fenómeno social da emigración, é agora destino de xentes na procura dunha vida mellor. Cos puntos de saída e chegada truncados, cabe afirmar que os moitos que de aquí se viron obrigados a marchar, son "os mesmos" que agora procuran nestes pagos unha mellor sorte para as súas vidas.
Verde transparente é a cor do noso mar, que pon ante os nosos ollos un dos grandes paradoxos que a realidade máis actual ofrece.
O mar, elemento portador e de esperanza, a exaltación do coñecemento, a anguria da marcha, a soedade, a aventura do descoñecido, a incerteza do regreso…
Sensacións, sentimentos e desacougos que no seu momento experimentaron os que de aquí marcharon e que agora experimentan os que aquí chegan.