A Factoría Teatro: Os homes só contan até tres
Autor: Antón Lopo
Directora: Cristina Domínguez
Elenco: Mónica García, Nuria Gullón, Alfredo Rodríguez, Antonio Salgado.
Público Adulto
Sinopse: Luísa e Helena son irmás e comparten apartamento na cidade. Luísa é unha autora e directora teatral de éxito, independente e segura de si mesma. Helena pasa as horas no apartamento, cociña, limpa e, de vez en cando, escribe… para ela, ninguén coñece os seus escritos.
As irmás teñen a vida organizada, coñecen o rol de cada unha e ningunha delas tenta cambiar o
estatus quo no que están instaladas. Mais na vida delas vai aparecer un terceiro personaxe que vai facer saltar en anacos a orde establecida. Nico é un novo actor, fermoso e intelixente, do que se namora Luísa.
Sen apenas consultar con Helena, convídao a compartir vida e apartamento. A empatía entre Helena e Nico non tarda en aparecer, así como o achegamento entre eles.
O conflito é evidente e o desenlace non deixa lugar a dúbidas: os lazos de sangue saen vencedores neste conflito a tres bandas.