A Factoría Teatro: O tío Vania
Autor: Anton Chejov
Directora: Cristina Domínguez
Elenco: Vicente Montoto, Anabel Gago, Rocío González, Pilar Pereira, Xan Cejudo, Alfredo Rodríguez, Roberto Leal, Feli Manzano
Público: Adulto
Sinopse: Escenas da vida no campo en catro actos.
Na propiedade agrícola de Serebriakov a vida transcorre ordenadamente. Unha rutina na que o traballo marca as horas do día. Os criados e os amos forman parte desa engranaxe; cada un ocupa o seu posto e todas as horas do día están ao servizo do labor que cadaquén desenvolve. Non queda tempo para interrogantes.
Esta rutina está sendo trastornada dende a chegada do catedrático Serebriakov e a súa nova esposa Helena Andreievna. O resto dos habitantes da casa trocaron a súa orde para estar ao servizo dos convidados, xa nada se atende no seu debido momento. Nin tan sequera os pequenos costumes da hora do té, ou do xantar, se están a respectar.