Os Quinquilláns: A diáspora
Autoría: Lucho Penabade
Dirixe: Kevin Stewart e Carolina Ramos
Elenco: Zezilia Meléndrez, Pablo Sánchez, Anxo García, Iñaki Vilariño, Xoán Curiel, Lucho Penabade e Manuel Riveiro
Sinopse:Martes de Entroido, máscaras, xigantes, xentes polos camiños van troulear á vila. A Muller fica en casa solitaria, axiña ven Cabozo anunciando a súa marcha cara as Américas. No mencer os Garroteiros petan á porta fachendosos buscando negocio para levar xente para a emigración. O Espantallo láiase da marcha dela e agarda mellores tempos. O Pacific vai ateigado de xentiñas e maletas, A Habana agarda á outra beira e recíbeos con ritual e festa.