Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Lagarta Lagarta: Carambola (cóncavo, convexo)


Autor: José L. Prieto

Director: Lino Braxe

Elenco: Rosa Álvarez, Ernesto Chao, Belén Constenla, Anabel Gago, Elina Luaces, Rebeca Montero

Público: Adulto

Sinopse: Unha noite escura de treboada. Unha casa apartada. Un motor que non arranca. Un teléfono que non funciona. E unha novela.
Seis persoas que nun xogo inocente deben representar un papel.
Unha novelista feliz e algo retorcida.
Unha criada sumisa que podería comportarse doutro xeito.
Unha mente libre apaixonada da morte.
Un asesor de imaxe disposto a facer de forense.
Dúas mulleres de mundo, pragmáticas pero incautas.
Para que a vida sexa crible é preciso crear un mundo ficticio, onde nada é o que parece porque todos podemos construír a nosa propia realidade.

Datas anteriores

16 de decembro

Casa da Cultura de Esteiro
VILANOVA DE AROUSA

10 de novembro
/// 21.30

Casa da Cultura
BURELA

3 de novembro

Teatro Municipal Área Panorámica
TUI

7 de outubro
/// 20.30

Teatro Pastor Díaz
VIVEIRO

23 de setembro

Auditorio Municipal Carmen Estévez Eguiagaray
VILALBA

9 de setembro
/// 21.00

Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
PONTEAREAS

22 de agosto

Auditorio Municipal
CARIÑO