Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro del Andamio: Yepeto

Autor: Roberto Cossa
Directora: Tatiana Likhacheva

Elenco: Santiago Romay, Álvaro Guevara e Nerea Barros

Público: Adulto

Sinopse: Yepeto é unha divertida comedia que foi representada en varios países, gañando premios en diferentes festivais. Conta a historia dun triángulo amoroso entre un vello profesor de literatura, unha alumna súa de 18 anos, rapaza talentosa, creativa e intelixente, e o seu mozo que está perdidamente namorado dela. A rapaza manexa sutilmente a relación con ambos os dous. Eles comezan a obra cunha competencia física-dialéctica, chea de humor e ironía. A pesar da diferenza de idade, o tempo, a literatura, o café e o augardente acabará forxándose unha amizade entre os dous homes, da que ela quedará excluída. O profesor sente que é a súa derradeira oportunidade de amar. Ela está cegada, abraiada pola intelixencia, o humor e a creatividade do mestre. Antonio, o seu mozo, conseguirá afastar o vello profesor a través da amizade.
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

16 de xuño
/// 21.00

Casa da Cultura
VILANOVA

9 de xuño
/// 21.00

Teatro da Beneficencia
ORTIGUEIRA

31 de marzo
/// 21.00

Auditorio Reveriano Soutullo
PONTEAREAS

17 de marzo
/// 20.00

Salón de Actos do Concello
CEE

26 de xaneiro
/// 21.00

Casa da Cultura do Milladoiro
AMES

22 de setembro - 23 de setembro
/// 20.30

Fórum Metropolitano
A CORUÑA

20 de agosto

Auditorio Municipal
CARIÑO