Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Ancora Produccións: Final de película

Autor: Gustavo Pernas Cora
Director: Gustavo Pernas Cora

Elenco: Ánxela G. Abalo, Vicente de Souza, Fernando Morán, Xavier Deive, Estívaliz Veiga, Marcos Pereiro.

Público: Maiores de 14 anos

Sinopse: En Final de película asistimos, a través de seis personaxes, a relacións humanas construídas sobre a base do odio, manifestado en forma de sexismo, xenofobia, racismo e fanatismos diversos que sementan no comezo para agromar e estoupar no clímax.
Pechamos aos personaxes nun minicine para ver como reaccionan diante dunha película na que se identifican con algún dos seus protagonistas, e queremos que, sentados fronte ao público real, no teatro, provoquen outras tantas reaccións no espectador.
Final de película, a disección da familia como o ovo da serpe.
Final de película, unha obra na que ser espectador implica os seus riscos.
Final de película, onde a palabra pode converterse en arma.
Final de película, unha viaxe dende a solidariedade até a explotación máis absoluta.
Final de película, un espectáculo onde o espectador ten a última palabra.

Datas anteriores

15 de febreiro - 16 de febreiro
/// 21.00

Teatro Principal
SANTIAGO DE COMPOSTELA

8 de febreiro
/// 20.30

Teatro Principal
PONTEVEDRA

11 de novembro

Auditorio Municipal Lois Tobío
GONDOMAR

5 de novembro

Auditorio Municipal Hernán Naval
RIBADEO

7 de outubro
/// 20.00

Auditorio Municipal
NARÓN

22 de agosto
/// 21.00

Teatro Pastor Díaz
VIVEIRO

16 de agosto

Auditorio Municipal
CARIÑO