Títeres Cascanueces: A rúa das pantasmas
Autor: Javier Villafañe
Director: Lázaro Duyos Jordán
Elenco: Lázaro Duyos
Público: Todos os públicos
Sinopse: Obra de títeres con música en directo baseada no clásico de títeres do mestre e titiriteiro don Javier Villafañe. Os personaxes orixinais da obra convértense nun elenco dunha compañía de teatro que debe representar unha función para o público -"Público, respectable público! Damas, cabaleiros, nenos e nenas, preséntolles a María"-, introducindo o teatro dentro do teatro. Nesta aventura o valente Xoanciño e a astuta María enfróntanse ás pantasmas e ao mesmísimo demo. Ocorre que a casa de María está sendo visitada por estas tenebrosas figuras e só co enxeño de María unido ás picardías de Xoanciño lograrán vencelas e desenmascaralas.