Teatro de Marionetas Trécola: A rúa dos contos nº 8
Autoría: Trécola
Dirección: Trécola
Elenco: Ero Cabrera, Rafael Vázquez
Público: Infantil
Sinopse: Peza de teatro guiñol para seis personaxes, actor e mimos, nunha creación colectiva do grupo Trécola. É de destacar a orixinalidade do seu teatriño, realizado polo pintor Seara, así como a teatralidade do seu argumento, que fan desta montaxe un auténtico "todos os públicos", de carácter participativo. O argumento é unha especie de bóla de neve que se desencadea na casa da bruxa Papandrea cando aparecen Xinzo e Lelo coa sá intención de limpala…