Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Viravolta Títeres: Barriga Verde


Autor: Popular

Director: Anxo García

Elenco: Xulio Balado, Pilar Álvarez, Anxo García, Ignacio Vilariño

Público: Familiar

Sinopse: Este espectáculo é unha homenaxe ás compañías de titiriteiros que representaron en Galicia entre os anos 1910 e 1964, fundamentalmente a "Barriga Verde", personaxe que levaba a familia Silvent e que ten a súa orixe no don Roberto Portugués.
O argumento é una recreación destas historias e outras da tradición europea (Punch, Kasperl, Guiñol); así temos o xogo da pelota, a barbería, o enterro, o exército, o xuízo, a corrida de touros e, para rematar a morte do demo, coa frase final tradicional que pasou a formar parte do repertorio de expresións populares do noso idioma "morto o demo, acabouse a peseta".
Ligazóns relacionadas:

Datas anteriores

22 de decembro

Teatro Municipal Área Panorámica
TUI

5 de agosto
/// 17.30

Área Recreativa
SAN SADURNIÑO