Víctor Aneiros Band: O blues do amencer
Víctor Aneiros: voz, guitarra, slide e dobro
Manuel Gutiérrez: piano
Marcos Sánchez: batería
Alejandro Masafret: baixo
A periferia é onde o mundo se diferencia, non onde acaba. Dende esa pleriferia o blues de Víctor Aneiros sorprende a especialistas, afeccionados e até os máis predispostos. O son da súa guitarra, o deletreo do seu blues evoca outras terras, outras rúas, outra gramática, outro acento. Dende Ferrol, ao Norte de Galicia, na Fisterra da vella Europa.
O seu directo mestura música e espectáculo nun mesmo pack. Esa é outra das grandes diferenzas que o distinguen de moitos guitarristas da súa xeración e dos posteriores. É un guitarrista de raza, con clase, que non se desincha xamais fronte ao público.