Chrystyan Magic: A maxia vive en ti
Autor: Chrystyan Magic
Elenco: Manu Fraga, Sonya Lago
Público: Todos os públicos
Sinopse: A Maxia vive en ti é o noso novo espectáculo de maxia de escena para toda a familia para o ano 2006. É un dinámico show impregnado inconfundiblemente co toque de humor xa tradicional de Chrystyan Magic. Sesenta excitantes minutos para vivir e descubrir a maxia que todos levamos dentro, cunha sucesión de efectos máxicos dos que o público forma parte activa ben dende o escenario ou dende os seus asentos envolvéndonos da maxia que está en todos nós…