Títeres Falcatrúa: A sorprendente historia do benfadado Mourellas
Autor: Esteban Losada
Director: Esteban Losada
Elenco: Isabel Amado Rojo, Esteban Losada
Público: infantil
Sinopse: Ao se alzar o pano un ancián titiriteiro recibe unha reprimenda das súas marionetas para que comece a función, o comediante accede aos desexos dos títeres e do público e inicia o seu labor.
Vemos unha escola na que os nenos xogan e estudan mostrando as súas verdadeiras personalidades: Mourellas: coitado, Bisagra: estudoso e brillante, Arroutos: necia e arroutada, e o derradeiro Peneque: soberbio, egoísta e manipulador.
Ao longo da obra veremos como a través dos anos as súas vidas se entrelazan e a onde os levan as súas actitudes e comportamentos.