Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Os Monicreques de Kukas: Galiza máxica


Autor: Kukas

Director: Marcelino de Santiago

Público: todos os públicos

Sinopse: É un espectáculo no que os personaxes son encarnados por marionetas mixtas de fíos, gatiños e variñas de creación propia de gran formato.
Galiza Máxica é unha recreación do mundo mítico e lendario do noroeste ibérico.
O espectáculo baséase nunha obra escrita e dirixida por Marcelino de Santiago na que nunha versión libre recrea lendas galegas tradicionais como a dun aquelarre, do demo enganado, o pescador e a meiga, o nuboeiro, a coca de Redondela e as covas do Rei Centolo, e recolle personaxes da cultura mítica e popular galega como son os trasgos, as meigas, as fadas ou as serpes.
Este entretido paseo pola Galiza Máxica articúlase a partir das peripecias vividas por un peregrino despistado cun trasgo.

Datas anteriores

17 de novembro

Casa da Cultura Pintor Lloréns
SADA

3 de agosto

Praza do Castro
VILAGARCÍA DE AROUSA