Títeres Cachirulo: Camiño de aventuras
Autor: Jorge Rey
Director: Jorge Rey
Elenco: Carmen Domech, Jorge Rey
Público: infantil
Sinopse: Xan Laranxal e a macaquiña Kiku presentan esta gran aventura que comezou hai cincocentos anos máis ou menos, cando nun lugar do Camiño, Gaiferos se atopou co demo, que o deafiou ao xogo da Oca. Tivo sorte cos dados o peregrino e gañou a partida ao do inferno, quen andou por todo o Camiño facendo despropósitos e maleficios para deter ao peregrino.