Marco González: Milonga sentimental
Autor: Marco González
Director: Marco González
Artigas Anelo: bandoneón
Lucas Llama: piano
Gustavo Barcia: contrabaixo
Enrique Migliarini: voz
Sergio Veloso: voz
Público: Todos os públicos
Sinopse:
Milonga sentimental é un espectáculo de tango e folclore arxentino no que a música, as letras e o vestiario percorren a xeografía arxentina. Así como o país se divide en diferentes rexións segundo as súas máis importantes características xeográficas e climáticas, tamén en relación ao cultural poden identificarse distintas zonas, cada unha delas con trazos de seu, e todas elas permeables ás influencias das rexións veciñas, ou incluso dos países que a través da súa inmigración puxeron o seu gran de area. Así se constrúe o mapa do folclore arxentino, un mapa cuxas divisións non respectan os límites xeográficos.
Parte importante dese folclore ocúpao o tango, retrato de Bos Aires e a súa xente. O tango é algo máis que unha suave ondulación posta en música; é a danza máis profunda do mundo; seguramente por iso, o tango gañou un espazo no exterior.
O repertorio percorre diferentes estilos, dando mostra do mellor do folclore arxentino e unha exquisita selección que vai dende os tangos tradicionais
La cumparsita,
El choclo, pasando polos tangos de renome internacional
Caminito,
A media luz,
Cambalache, como tamén unha variedade de temas de corte netamente milongueiro…