Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Illa Reunión

Centro Dramático Galego

Dirixida por Ana Vallés

O espectáculo do CDG Illa Reunión finalizará a súa xira de 2006 en Ferrol, onde será representado os días 2 e 3 de xuño.

A illa Reunión como un espazo mítico, unha illa para atopármonos…

A historia ten lugar en Galicia, é dicir, nalgures, nunha illa Reunión real pero imaxinaria, afastada, inventada para xuntármonos. Ese espazo onde cada quen procede dun lugar ou é herdeiro dunha historia de viaxeiros. Un lugar que nos permite mudar a nosa imaxe pero levando ás costas todo o pasado, o noso e o herdado.

-Á hora de recompilar datos sobre un lugar, caben os soños?
-Si, caben os soños. Os soños sempre se van mesturando cos datos.
-E os sentimentos?
-Si, os sentimentos tamén caben.

A decisión de quedar e o desexo de marchar.

A necesidade de abrir as xanelas e que corra o aire.

Ana Vallés
Directora de Illa Reunión

Equipo artístico

Creación e dirección: Ana Vallés
Axudante de dirección: Marina Wainer
Auxiliar de dirección: Santi Mañasco
Actores e bailaríns: Daniel Abreu, Helen Bertels, Matxalen Bilbao, Xoán Cejudo, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Roberto Leal, Marta Pazos, Emma Silva, Sergio Zearreta.
Músicos: Pablo Dopazo, Manuel O. Paino, Hugo Portas, Pablo Santaclara, Borja Fernández, Sergio Zearreta.
Deseño de iluminación e espazo escénico: Baltasar Patiño
Vestiario: Marina Wainer-Ana Vallés
Arranxos musicais: Luis Soto
Selección e produción musical: Baltasar Patiño
Deseño gráfico: Taller DD
Fotografía: María Chenut
Imaxe do cartel e programas: Baltasar Patiño
Asesoramento lingüístico: Begoña Rei
Realización de elementos escenográficos: Armesa

Datas anteriores

2 de xuño - 3 de xuño

Teatro Jofre (Ferrol)