Titzina Teatre: Entrañas
Titzina Teatro
Dirección: Stefan Metz
Autor: Titzina Teatre
Mentres espera no hospital para o alumbramento do seu fillo, Sole lembra os últimos nove meses que lle mudaron a vida.
Co anuncio da súa maternidade, xorde nela a necesidade de saber máis sobre o seu pasado. É aí cando atopa un baleiro na memoria familiar, e empeza unha viaxe por todo o país para saber o destino final do seu avó Josep, desaparecido na guerra civil española.
Unha viaxe física, pero tamén emocional que afectará a súa propia vida; pasado, presente e futuro; introducindo a Sole nun tema que ata daquela descoñecera: a guerra.
Ficha artística
Xénero: Traxicomedia
Autor: Titzina Teatre
Escenografía e iluminación: Raimon Rius
Vestiario: Bárbara Glaenzel
Dirección: Stefan Metz
Elenco: Laila Martí, Pako Merino e Diego Lorca
Ficha técnica
Medidas mínimas escenario: Boca: 8 m./Fondo: 6 m./Alto: 5 m.
Tempo de montaxe: 8 h.
Tempo de desmontaxe: 4 h.
Duración do espectáculo: 1 h. e 20 min.
Público preferente: Adulto
Información de contacto da compañía
Persoa de contacto: Mercedes González Castro
Eme2 Produción e Distribución, S.L.
Antonio Gómez Vilasó, local 3
15702-Santiago de Compostela
Tel: 679 449 970 / 981 534 134
emedous

emedous.com