Consello de Dirección
Membros
PRESIDENTE
Roberto Varela Fariña, conselleiro de Cultura e Turismo
VOGAIS
-Francisco López Rodríguez, director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos
-Juan Carlos Fernández Fasero, director da AGADIC
-María Nava Castro Domínguez, directora xeral de Comercio (Consellería de Economía e Industria)
-Rosa María Pedrosa Pedrosa, secretaria xeral e do Patrimonio (Consellería de Facenda)
Atribucións
- Aprobar o proxecto de estatuto e das súas modificacións e as normas de réxime interior da AGADIC e, se é o caso, dos centros adscritos a ela, por proposta do director ou directora.
- Aprobar o anteproxecto de orzamentos anuais e a contracción de obrigas de carácter plurianual.
- Aprobar as contas anuais e, se é o caso, a distribución do resultado do exercicio, de acordo coa lexislación orzamentaria.
- Aprobar o plan anual de actividades e a súa memoria explicativa.
- Aprobar a memoria anual sobre a actuación e a xestión da AGADIC
- Seguir a execución dos orzamentos e do plan anual de actividades.
- Controlar a xestión da dirección e esixirlle as responsabilidades que procedan.
- Aprobar as dotacións orzamentarias e o réxime retributivo do persoal da AGADIC, de acordo coas previsións orzamentarias e a legalidade vixente.
- A determinación dos criterios de selección do persoal, así como a aprobación da relación de postos de traballo, nos termos previstos na lexislación de
función pública.
- A resolución dos recursos administrativos contra actos dos órganos da AGADIC, así como das reclamacións previas ás vías civil e laboral. Así mesmo, resolverá os procedementos de responsabilidade patrimonial.
- As demais competencias que se determinen, se é o caso, no estatuto da AGADIC.