Actualidade




Actualidade

A FEIRA GALEGA DAS ARTES ESCÉNICAS PECHOU AS PRIMEIRAS CONTRATACIÓNS E MANTÉN ABERTO O PROGRAMA DE BONIFICACIÓNS Á DISTRIBUCIÓN EXTERIOR

Teatros e circuítos de Castela-A Mancha, País Vasco e Portugal exhibirán espectáculos galegos a próxima temporada

[22/10/2010] Teatros e circuítos escénicos de Castela-A Mancha, País Vasco e Portugal programarán espectáculos galegos durante o próximo ano 2011 no marco do programa de bonificacións á distribución exterior da XVIII Feira Galega das Artes Escénicas. Os axentes culturais chegados dende fóra de Galicia para participar neste encontro profesional, que concluíu onte en Santiago tras catro intensas xornadas de exhibición, teñen de prazo ata o 2 de novembro para acollerse a esta iniciativa, beneficiándose así dun desconto do 40 por cento sobre o caché das producións galegas que contraten.

NA XORNADA DE CLAUSURA EXHIBIRANSE TAMÉN AS NOVAS PROPOSTAS DE CARAMUXO, JANET NOVÁS, HISTRIÓN TEATRO, LA MACANA E PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS

A Feira das Artes Escénicas pecha a súa décimo oitava edición cunha exhibición de novo circo galego Documento anexo

[20/10/2010] A XVIII Feira Galega das Artes Escénicas pecha mañá a súa décimo oitava edición coas últimas cinco funcións do seu programa oficial, que desenvolve dende o pasado luns en seis espazos de Santiago. As compañías galegas Caramuxo Teatro, La Macana e Producións Teatráis Excéntricas, así como a andaluza Histrión Teatro, amosarán as súas novas propostas nesta xornada de clausura, que concluirá cunha exhibición de novo circo galego.

INCORPÓRASE UNHA DELEGACIÓN PROCEDENTE DE PORTUGAL ASOCIADA AO PROGRAMA EUROPEO CREATIVA

Sete compañías galegas protagonizan mañá a xornada máis intensa da Feira Galega das Artes Escénicas Documento anexo

[19/10/2010] A Feira Galega das Artes Escénicas 2010 chega mañá á súa terceira xornada de funcións cun intenso programa no que teñen cabidas as últimas propostas das compañías galegas Ghazafelhos, Trompicallo, Entremans, Abada Teatro-Carlos Blanco, Teatro do Atlántico, Elefante Elegante e Talía Teatro (na imaxe). Continúa tamén a actividade comercial deste décimo oitava edición do encontro profesional que, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), se celebra ata o xoves 21 en seis espazos de Santiago de Compostela.

ANIMOU OS AXENTES CULTURAIS IMPLICADOS A PARTICIPAR DUN PROCESO DE REFLEXIÓN SOBRE O MODELO FEIRAL CARA A IMPULSAR A SÚA PROXECCIÓN EXTERIOR E A SÚA FACETA COMERCIAL

O conselleiro de Cultura inaugura a Feira das Artes Escénicas como a "exhibición de forza" do teatro e a danza de Galicia Documento anexo

[18/10/2010] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presidiu hoxe a apertura oficial da Feira Galega das Artes Escénicas, que desenvolve a súa décimo oitava edición ata o xoves 21 en seis espazos de Santiago cunha carteleira artística de máis de 20 espectáculos e a asistencia de 150 programadores, produtores e distribuidores, entre outros axentes culturais, procedentes de toda a Península. Para o titular de Cultura, estas cifras son "unha exhibición da forza, da puxanza e do vigor do teatro e a danza que se producen en Galicia", como tamén da capacidade dos creadores e artistas que presentan aquí as súas novas propostas.

O MANUEL MARÍA É PARA XAVIER LAMA E O BARRIGA VERDE, PARA XOSÉ A. NEIRA CRUZ NA MODALIDADE DE ADULTOS E PARA INACIO VILARIÑO, NA INFANTIL

O Álvaro Cunqueiro premia a Raúl Dans pola obra "Chegamos despois a unha terra gris" Documento anexo

[18/10/2010] Raúl Dans, coa obra Chegamos despois a unha terra gris, é o gañador da décimo novena edición do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, galardón que recibiu esta mañá de mans do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, no transcurso do acto de apertura da Feira Galega das Artes Escénicas.

Ver novas anteriores


Español



Axencia Galega das Industrias CulturaisXunta de Galicia