Convocatorias aos medios




Convocatorias aos medios

ACTO INAUGURAL DA XVIII FEIRA GALEGA DAS ARTES ESCÉNICAS

Data: Luns, 18 de outubro de 2010
Hora: 12.00 h
Lugar: Auditorio de Galicia (Avda. do Burgo das Nacións, s/n. Santiago de Compostela)

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña presidirá o acto inaugural, que dará comezo coa execución polo Centro Coreográfico Galego da peza de danza Sonata para dous, proseguirá cun breve percorrido polas instalacións da zona de mercado e rematará coa comunicación do fallo e entrega dos premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde de textos teatrais a cargo de Juan Carlos F. Fasero, director da Agadic, e da profesora Dolores Vilavedra, presidenta do xurado dos galardóns.

PRESENTACIÓN DA XVIII FEIRA GALEGA DAS ARTES ESCÉNICAS

Data: Xoves, 14 de outubro de 2010
Hora: 11.30 h
Lugar: Salón Teatro (Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela)

Interveñen: Juan Carlos Fernández Fasero, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e María Paredes Rodríguez, coordinadora da Feira Galega das Artes Escénicas.

Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo