Inscrición de espectáculos
(só para compañías galegas)
Prazo de inscrición
(Rematado)
Espectáculos
Nesta edición da Feira exhibiranse 21 espectáculos: 18 de compañías galegas e 3 de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Selección de espectáculos (só compañías galegas)
- Selección obxectiva: 9 espectáculos galegos (6 de teatro de adulto e 3 de teatro infantil) con maior distribución na Rede Galega de Teatros e Auditorios durante o segundo semestre de 2009 e o primeiro de 2010.
- Selección artística: unha comisión nomeada pola Agadic fará unha selección de 12 espectáculos: 9 galegos, entre os que haberá 2 ou 3 de danza, e 3 de teatro/danza de fóra da Comunidade Autónoma galega.
Comisión de selección
Nuria Montero, profesora da Escola Superior de Arte Dramática
Roberto Taboada, asesor cultural do Concello de Ferrol
Manuel Xestoso, xornalista
Requirimentos mínimos para a inscrición
- A inscrición queda restrinxida a espectáculos galegos. A elección dos de fóra da comunidade será realizada pola comisión de selección.
- Aceptaranse traballos estreados entre outubro de 2009 e outubro de 2010. No caso de espectáculos sen estrear, a comisión de selección terá en conta toda a información achegada pola compañía.
- Espectáculos estreados:
Ademais da ficha de inscrición, cada compañía deberá enviar á oficina de coordinación da Feira (rúa da Vesada, s/n. 15703 Santiago de Compostela), dentro do mesmo prazo, tres copias da gravación do mesmo.
- Espectáculos non estreados:
Ademais da ficha de inscrición, cada compañía deberá enviar á oficina de coordinación da feira (rúa da Vesada, s/n. 15703 Santiago de Compostela), dentro do mesmo prazo, tres copias do dossier completo do espectáculo.
- Para que a solicitude de participación sexa válida, é indispensable cubrir o formulario de inscrición a través desta web no prazo indicado. Non será considerada válida a achega do material documental sen ter realizado este paso previo.
- Unha vez cuberta e enviada a ficha a través da web, os usuarios recibirán unha mensaxe xerada polo propio sistema informando de que a solicitude está procesada correctamente.
Compromisos das partes
A Organización da Feira comprométese a:
- Aboar o 50% do caché, IVE incluído e sen necesidades técnicas (prezos ofertados na Rede Galega de Teatros e Auditorios no 2º semestre de 2010), e o xantar da compañía o día da actuación.
- Achegar a infraestrutura técnica necesaria (iluminación, son, carga e descarga...) para o desenvolvemento da montaxe, sempre e cando a información sexa enviada en prazo e consensuada coa dirección técnica da Feira.
- Facilitar a asistencia á Feira dun representante da compañía, con dereito a xantar todos os días da Feira e a entrada aos espectáculos, sempre e cando este faga a súa inscrición no prazo correspondente.
- Proporcionarlles ás compañías a listaxe de participantes na Feria con suficiente antelación.
- Proporcionarlles ás compañías a listaxe de asistentes á súa representación ao día seguinte da súa celebración.
- Facilitar, a través do gabinete de comunicación, o contacto directo entre compañías e medios de comunicación.
As compañías seleccionadas comprométense a:
- Enviar toda a documentación requirida pola oficina de coordinación nos prazos establecidos.
- Asinar coa Feira un contrato de aceptación das condicións técnicas e económicas do espectáculor.
- Presentar na Feira o espectáculo contratado, coas condicións técnicas e elenco reflectidos na ficha de inscrición.
- Achegar os soportes publicitarios para difusión e promoción.
Unha vez seleccionados os espectáculos que participarán na Feira, deberase achegar a seguinte información:
- Ficha artística completa (enviada pola oficina de coordinación ás compañías seleccionadas).
- Dúas fotografías, como mínimo, do espectáculo: Formatos jpg ou tif en alta resolución (300dpi, mínimo). Tamaño: 20 cm ancho.
- Rider técnico completo (especificando o material que achega a compañía, o que debe aportar a Feira, e a potencia eléctrica necesaria).
- Plano da montaxe da iluminación con lenda e patch, preferiblemente en Autocad ou Wysiwyg. De non ser así, enviarase por correo certificado un plano impreso correctamente acoutado.
- Planta da escenografía, preferiblemente en Autocad ou Wysiwyg. De non ser así, enviarase por correo certificado un plano impreso correctamente acoutado.
- Tipo e medidas aproximadas do vehículo de transporte.