Acreditación de profesionais




Acreditación de profesionais

Prazo de inscrición: Rematado

CONDICIÓNS
  • Cada entidade disporá de hotel, almorzo e xantar todos os días da Feira para unha persoa. No caso das compañías programas na Feira, poderán inscribir na Feira a un único representante, que terá dereito ao xantar e a unha entrada para cada un dos espectáculos da Feira; en ningún caso, ao aloxamento.
  • O aloxamento será en habitación dobre compartida no Hotel Congreso (estr. A Estrada km.3). En caso de preferir habitación individual, o interesado deberá aboar un suplemento diario de 25 €. O pagamento deste suplemento farase por adiantado o día da chegada ao hotel.
  • Os almorzos serviranse no Hotel Congreso.
  • A organización facilitará o medio de transporte para os traslados do hotel á sede de Feira.
  • O xantar será no restaurante do Auditorio de Galicia (sede da Feira).
  • No caso de non asistir á Feira os días marcados na solicitude é necesario avisar á oficina de coordinación cunha antelación de 15 días a través de correo electrónico, con acuse de recibo, ao enderezo: feira.galega.artes.escenicas@xunta.es. De non comunicarse, o interesado deberá asumir os gastos correspondentes aos días que ten asignados na solicitude.

Español



Axencia Galega das Industrias CulturaisXunta de Galicia