Bonificacións á contratación exterior




Bonificacións á contratación exterior

Bonificacións á contratación de espectáculos de artes escénicas galegos para a súa exhibición fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2011.

Que espectáculos se poden contratar ao abeiro do programa de bonificacións?
O sistema de bonificacións aplícase aos espectáculos de compañías galegas inscritos na Rede Galega de Teatros e Auditorios 2010, independentemente de se se amosan ou non na feira, para ser exhibidos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Que entidades poden beneficiarse destas bonificacións?
Exclusivamente as inscritas e asistentes á Feira Galega das Artes Escénicas que se atopen nalgún destes tres grupos:
  • Teatros e auditorios de titularidade pública ou privada.
  • Entidades organizadoras de festivais, certames ou feiras.
  • Entidades xestoras de redes de teatros e auditorios de titularidade pública.

Cales son os requirimentos de contratación?
  • Teatros e auditorios de titularidade pública ou privada: un mínimo de 2 espectáculos ou 2 funcións.
  • Festivais, certames ou feiras: un mínimo de 2 espectáculos ou 2 funcións.
  • Entidades xestoras de redes: un mínimo de 6 funcións.

Cal é a porcentaxe do caché bonificada?
Para calquera das devanditas entidades, a porcentaxe a bonificar será do 40% do caché do espectáculo ofertado na Rede Galega de Teatros e Auditorios no 2º semestre de 2010, impostos incluídos e sen necesidades técnicas.

Cando se pode solicitar a bonificación?
Exclusivamente, durante a celebración da Feira Galega das Artes Escénicas, do 18 ao 21 de outubro.

Como se solicita a bonificación?
Dirixíndose á oficina de coordinación da Feira, situada no Auditorio de Galicia, durante as datas de celebración da Feira.


Español



Axencia Galega das Industrias CulturaisXunta de Galicia