Obxectivos
- Ser un espazo de referencia transparente, dinámico e eficiente para a compravenda de espectáculos de artes escénicas producidos en Galicia, cunha especial ligazón co mercado da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
- Afianzarse como o marco idóneo para a exhibición da produción galega cara á súa promoción e difusión non só en Galicia, senón tamén no resto do Estado español e en Portugal.
- Servir de punto de encontro e debate para todos os axentes do sector escénico (xestores culturais, compañías, distribuidores) a través da creación de espazos para reunións de traballo .
- Atraer a programadores, distribuidores e responsables de festivais do resto do Estado español e do norte de Portugal.
Español