SGAE - Teatro ARTeria
Auditorio SGAE
Finca Vista Alegre. Rúa das Salvadas, s/n. CP. 15705
ARTeria Noroeste abriu as súas portas en 2008 co obxectivo de se converter en centro de axitación da vida cultural compostelá e galega. Este novo espazo dispón dunha sala-auditorio e un estudio multiusos-sala de proxeccións (180 m2 aproximadamente cada unha destas dependencias) dúas aulas de formación e dous estudios de produción (audio e vídeo), ademais das oficinas destinadas á administración da SGAE en Galicia.
O edificio nace coa vocación de ofrecer un servizo plural ao talento galego nas diferentes disciplinas: música, artes escénicas e audiovisual. ARTeria Noroeste quere ofrecer unha programación interesante e diversa de pequeno formato, poñer en valor o feito diferencial galego (sen perder de vista os contextos estatal e iberoamericano) e deseñar cursos e obradoiros que axuden a crear profesionais máis completos e a fortalecer o noso tecido cultural.
Planos do Teatro ARTeria en formato pdf