Salón Teatro
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Situado na zona histórica de Santiago de Compostela, o Salón Teatro foi reinaugurado en 1999 tras unha intervención arquitectónica que permitiu recuperar para a escena este espazo do ano 1920, despois de dúas décadas sen representacións.
Xestionado na actualidade pola Consellería de Cultura e Deporte a través da AGADIC, o teatro acolle a exhibición en Compostela de todas as producións do Centro Dramático Galego —que ten a súa sede neste local—, ademais dunha programación aberta ás distintas disciplinas escénicas.
Planos do Salón Teatro en formato pdf
- Máis información sobre o Salón Teatro na web do Mirem (mapa informatizado de recintos escénicos e musicais de España).