Teatro Principal
Cun aforo total de 434 espectadores, o Teatro Principal atópase na mesma zona monumental compostelá e ofrece unha programación xestionada polo Concello de Santiago, que é o seu propietario.
Foi construído en 1842 da man do arquitecto Manuel de Prado y Vallo. Mais no ano 1988 levouse a cabo unha reforma, dirixida polos arquitectos Rafael Baltar, José A. Bartolomé, Carlos Almuiña e Gerardo Salvador.
Planos do Teatro Principal en formato pdf
- Máis información sobre o Teatro Principal na web do Mirem (mapa informatizado de recintos escénicos e musicais de España).