Auditorio de Galicia (Sede)
Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
981574152
Fax: 981574250
info

auditoriodegalicia.org
auditorio.compostelacultura.org/
Enmarcado no privilexiado contorno do parque Música en Compostela, unha das zonas verdes máis salientables da cidade, a versatilidade e funcionalidade deste edificio convérteno no lugar idóneo para concentrar un gran abano de actividades.
Durante a celebración da Feira, o Auditorio de Galicia acolle a oficina de coordinación, a zona de mercado cos
stands de empresas do sector, dúas mesas de debate sobre estratexias de comunicación de espectáculos e sobre programación de novas tendencias escénicas, dúas salas de exhibición e o restaurante para os inscritos. Todo isto coa vantaxe engadida do seu cómodo acceso dende diferentes puntos da cidade, así como da súa proximidade ao hotel onde se aloxan os participantes nesta edición.
Proxectado polos arquitectos Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos, o edificio foi inaugurado en 1989 coa vontade de consolidar a oferta cultural de Compostela. Xestionado pola Concellaría de Cultura de Santiago, o Auditorio de Galicia é referencia obrigada para a cultura musical e artística do país.