Carteleira




Mensaxe sen botella

Caramuxo Teatro

Autoría: Juan Rodríguez, Laura Sarasola
Dirección: Olga Margallo, Caramuxo Teatro

Escenografía: Iván Rodríguez
Iluminación: Lino Braxe
Son: Suso Jalda
Vestiario: Ana Belén López
Música: Caramuxo Teatro
Elenco: Juan Rodríguez, Laura Sarasola

Unha caixa. Un mundo dentro dunha caixa. Esta é a historia das mensaxes que viaxan en botellas. Dá igual o río ou o mar onde tires a túa mensaxe, porque pasará polo tellado do señor Janpierre Dumont para chegar ao seu destino. O señor Dumont non traballa só, non podería facer ben o seu traballo sen a inestimable axuda do seu paxaro Gastón. Unha noite, unha botella chega sen mensaxe. Algo novo vai suceder, será a presenza da señorita Anette Bloise a que traerá algunha que outra sorpresa...
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 45'
Público preferente: Infantil de 7 a 12 anos

CARAMUXO TEATRO


Caramuxo Teatro nace no ano 2003 como compañía especializada no público infantil e familiar. Desde o seu inicio produce espectáculos como Lazarillo, Historia dunha semente, Animaliños, Os Bolechas... En 2005 estrea o primeiro espectáculo para bebés feito en Galicia: Glub, Glub. Continúa o traballo para a primeira infancia coa estrea de Zapatos no ano 2008. Como compañía, asistiu nos últimos anos a diferentes mostras, programacións e encontros de teatro infantil, como Encuentros TeVeo, Domingos do Principal, Salón do Libro de Pontevedra, Mostra Internacional Títeres a la Vall d´Albaida, Galicreques e Xira 125 anos do Teatro Galego, entre outros.

Caramuxo Teatro
Tel.: 699 521 803 / 610 848 781
infoa r r o b acaramuxoteatro.net
www.caramuxoteatro.net



Español



Axencia Galega das Industrias CulturaisXunta de Galicia