Carteleira




Shure PG48

La Macana

Autoría: Caterina Varela, Alexis Fernández
Dirección: Caterina Varela, Alexis Fernández

Iluminación: Octavio Mas
Vestiario: La Macana
Música: Vitor Joaquim
Elenco: Caterina Varela, Alexis Fernández

Hoxe lin isto sobre ti:
  • Un micrófono para voz, excelente para oradores.
  • Cardiodide, dinámico e personalizado.
  • Para obter maior resposta a frecuencias baixas, achéguese ao micrófono.
  • Para minimizar a captación de son de manipulación non desexado, evite manipular de forma excesiva os micrófonos para voz.
  • Sosteña os micrófonos para voz pola empuñadura e non cubra a grella coa man.
  • Se a resposta desexada é son robusto, poña o micrófono a menos de 10 cm de distancia da boca, directamente diante do micrófono.
  • Non deixe caer o micrófono.
  • Manteña o micrófono seco e evite expoñelo a niveis extremos de temperatura e humidade.
  • Limpe o micrófono e o cable cun pano seco cando sexa necesario.
Penso que non te coñecen o suficiente.
Xénero: Danza
Duración do espectáculo: 50'
Público preferente: Adulto

LA MACANA


La Macana, compañía residente en Galicia formada no ano 2009, nace da man dos creadores e intérpretes Caterina Varela (A Coruña, 1983) e Alexis Fernández (Santiago de Cuba, 1975), que, despois de traballaren xuntos en diferentes compañías, como Experimentadanza, Centro Coreográfico Galego e Entremans, deciden asumir de maneira independente o seu labor creativo.
Para a compañía Entremans, cofundada por Alexis Fernández, firman o seu primeiro traballo como dúo, a peza Ven, estreada en marzo de 2008 en La Habana, coa que conseguen o primeiro premio, premio do público e premio da crítica no Certamen Coreográfico de Madrid do ano 2008. Esta peza mostrouse en diferentes cidades de España, Cuba, Alemaña, Suecia, Brasil, Francia, Portugal, Italia e Luxemburgo.
A primeira peza de La Macana como produción propia é Shure PG48, creada e interpretada por eles mesmos, que conta cunha residencia de creación, en outono de 2009, en Espaço do Tempo (Montemor o Novo, Portugal), e que se estrea en xaneiro do 2010 no Teatro Ensalle (Vigo).
Colaboran con Ember, plataforma artística formada pola catalá Laura Arís e o vasco Jorge Jáuregui, no cuarteto Cola de Gallo, que se crea entre Galicia, Barcelona e Bilbao e se estrea en maio de 2010 no festival Trayectos, de Huesca.

La Macana
Tel.: 670 279 805 / 661 892 719
correoparalamacanaa r r o b ayahoo.es
www.blogdelamacana.blogspot.com



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo