Carteleira




Del maravilloso mundo de los animales: los corderos

Histrión Teatro

Autoría: Daniel Veronese
Dirección: Daniel Veronese

Escenografía: Daniel Veronese
Iluminación: Juan Felipe Augustín
Vestiario: Histrión Teatro
Elenco: Gema Matarranz, Paco Inestrosa, Manuel Salas, Enrique Torres, Elena de Cara

Gómez aparece atado e vendado na casa de Berta, á que non ve desde hai vinte anos. Descoñece as razóns pero tanto ela como o seu veciño Fermín rexeitan, tras conversar con el de certos temas delicados do pasado, darlle as explicacións que pide. Nun momento violento da conversa aparece Tono, amigo íntimo de Gómez no pasado e recentemente separado de Berta, coa que ten unha filla. A presenza da filla na casa precipita un final inesperado para todos.
A familia, os amigos, o barrio... ou a figura do bo veciño semellan rodeados dun halo escuro de violencia... a vida segue para todos.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 70'
Público preferente: Adulto

HISTRIÓN TEATRO


Histrión Teatro nace como empresa no ano 1994 e desde entón leva desenvolvendo unha actividade continuada no eido do teatro profesional tanto para adultos como para nenos.

Producións:
Volpone ou El zorro, de Ben Jonson (1994); El ladrón de sueños (infantil, 1995); Tartufo, el impostor, de Molière (1996); Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand (1999); Un, dos, tres, esperando a Vert (infantil, 2000); Juana la Loca (2001); Cada mochuelo a su olivo, de Francisco de Quevedo (2002); Amor de D. Perlimplín con Belisa en su jardín, de Federico G. Lorca (2003); Farsa y licencia de la reina castiza, de Ramón María del Valle Inclán (2004); El casamiento, baseado en contos de Antón Chéjov (2005); Juana, la reina que no quiso reinar, con textos de Jesús Carazo (2006); Macbeth, de Shakespeare (2007); Del maravilloso mundo de los animales: los corderos (2009).

Premios:
Con Volpone ou El zorro: premio ao personaxe máis orixinal (Gema Matarranz) na XVII edición do Certamen Arcipreste de Hita, premio ao espectáculo revelación na Feria de Teatro en el Sur (1994), premio á mellor dirección escénica (Gustavo Funes) na Sala Cánovas de Málaga e premio ao mellor espectáculo na Muestra de Teatro de Torreperogil, Jaén.
El ladrón de sueños: Teatralia, mención por AETIJ como un dos tres mellores espectáculos para nenos do ano 1998.
Con Tartufo, el impostor: premio ao mellor espectáculo, á mellor actriz (Gema Matarranz), á mellor actriz de elenco (Mar Recio) e premio do público na XIX edición do Certamen Arcipreste de Hita; premio á mellor actriz (Gema Matarranz) e nominación como mellor espectáculo e mellor escenografía na Feria de Teatro en el Sur (1997); premio á mellor actriz (Gema Matarranz), na Sala Cánovas de Málaga e no Festival de Teatro de Haro (A Rioxa).
Cyrano de Bergerac: premio do público como un dos mellores espectáculos exhibidos na Feria de Teatro en el Sur (1999); premio á mellor actriz (Gema Matarranz), no Festival de Teatro Alcarreño (2000).
Con Juana la Loca, mención especial do xurado ao segundo mellor espectáculo no Festival de Teatro Alcarreño (2002) e premio ao mellor texto orixinal no Premio Jovellanos (2002), Gijón.
Cada mochuelo a su olivo: premio ao mellor vestiario na Feria de Teatro en el Sur (2003).
Con Amor de D. Perlimplín con Belisa en su jardín, premio á mellor montaxe escénica no Festival de Teatro Alcarreño (2004); premio á mellor dirección (Juan Dolores Caballero), á mellor actriz (María Alfonsa Rosso), ao mellor actor (Manuel Salas) e ao mellor vestiario (Mai Canto) na Feria de Teatro en el Sur (2004).

Histrión Teatro
Tel.: 958 222 746 / 646 641 769
histriona r r o b amoebius.es
www.histrionteatro.es



Español



AGADICXunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo