A raíña da beleza de Leenane
Teatro do Atlántico
Dirección: Xúlio Lago
Autor: Martin McDonagh
Que pode acontecer cando a nai é o cárcere para a súa filla? Que pode acontecer cando a filla é o único ao que aferrarse que aquela ten, na súa incapacidade para afrontar o terror que a súa propia vellez lle provoca?
Que pode acontecer cando a casa familiar representa o máis sórdido cárcere, a imposibilidade de liberdade...? Que cando, ademais, non hai amor, nin afecto, senón egoísmos e frustración?
Nai e filla, dúas enerxías antagónicas, dous proxectos de vida incompatíbeis. A estrutura familiar, cunhas leis non escritas, paira por riba de todo o espectáculo, ao tempo que o destino de todos os personaxes que conforman o drama chega ata nós marcado pola emigración, o desexo, o implacable paso do tempo, a soidade, a loucura...
Unha historia "irlandesa", seica.
Ficha artística
Xénero: Drama
Autor: Martin McDonagh
Tradución: Avelino González e Olga F. Nogueira
Espazo escénico e vestiario: Antonio Simón
Escenografía: Rodrigo Roel
Iluminación: Xúlio Lago
Música orixinal: Xosé Liz e Anxo Pintos
Dirección e dramaturxia: Xúlio Lago
Elenco: María Barcala, Teresa Horro, Marcos Vieitez e Rubén Riós
Ficha técnica
Medidas mínimas escenario: Boca: 8 m/Fondo: 6 m/Alto: 4 m
Tempo de montaxe: 6 h.
Tempo de desmontaxe: 2 h.
Duración do espectáculo: 2 h. ininterrumpidas
Público preferente: Adulto
Información de contacto da compañía
Persoa de contacto: Xulio Lago
Teatro do Atlántico
Outeiro de Arriba, 21. Sésamo
15189-Culleredo
Tel.: 608 380 471 / Fax: 981 678 103
teatrodoatlantico

yahoo.es