Os homes só contan até tres
A Factoría Teatro
Dirección: Cristina Domínguez
Autor: Antón Lopo
Luísa e Helena son irmás, e aínda que xa deixaron atrás a súa primeira mocidade, seguen a vivir xuntas: comparten apartamento na cidade. Luísa é unha autora e directora teatral de éxito, independente e segura de si. Helena pasa as horas no apartamento, cociña, limpa... e de cando en vez... escribe... para ela, ninguén máis coñece os seus escritos.
As irmás teñen a vida organizada, coñecen o rol de cada unha e ningunha delas tenta cambiar o status quo en que están instaladas, deste xeito é máis fácil vivir.
Máis na vida delas vai aparecer un terceiro personaxe que fará saltar en anacos a orde establecida. Nico é un novo actor, fermoso e intelixente do que namora Luísa. A ausencia de Luísa durante un par de semanas fai que o achegamento entre Nico e Helena sexa total, chegando á intimidade física.
Para Nico non hai volta atrás, máis co que el non conta é con que Helena non estea disposta en traizoar a súa irmá para emprender unha aventura lonxe da rutina que a protexe.
O conflito é evidente e o desenlace non deixa lugar a dúbidas: os lazos de sangue saen vencedores neste conflito a tres bandas.
Ficha artística
Xénero: Comedia
Autor: Antón Lopo
Espazo escénico: Xoán Anleo
Vestiario: La Canalla
Realización da escenografía: Paul Guy
Deseño de iluminación: Paco D’Pink
Música: Ugia Pedreira
Movemento escénico: Olga Cameselle
Asesoría lingüística: Xocas López
Dirección: Cristina Domínguez
Elenco: Nuria Gullón, Mónica García, Alfredo Rodríguez e Antonio Salgado.
Ficha técnica
Medidas mínimas escenario: Boca: 12 m/Fondo: 10 m/Alto: 6 m
Tempo de montaxe: 8 h.
Tempo de desmontaxe: 4 h.
Duración do espectáculo: 1 hora
Público preferente: Xove e adulto
Información de contacto da compañía
Persoa de contacto: Mercedes González Castro
Eme2 Produción e Distribución, S.L.
Antonio Gómez Vilasó, local 3
15702-Santiago de Compostela
Tel: 679 449 970 / 981 534 134
emedous

emedous.com