O escenario da ilusión
A XIV Feira das Artes Escénicas foi o marco para a exhibición en Galicia da exposición
O escenario da ilusión que, a través dunha vintena de pezas orixinais recuperadas ou reconstruídas, propón unha viaxe no tempo cara ao teatro barroco dende a perspectiva da profesión escenográfica.
Froito de anos de investigación documental e traballo de obradoiro dos escenógrafos da empresa madrileña Antiqua Escena, responsables do descubrimento, restauración e difusión do Antigo Teatro Cervantes –
corral de comedias dende 1601– de Alcalá de Henares, esta exposición estrutúrase arredor de tres grandes eixes temáticos -son, luz e enxeñería teatral- para afondar nas técnicas empregadas polos tremoias dos séculos XVII e XVIII. Neste percorrido histórico atopamos, por exemplo, diferentes máquinas de vento e ondaxe, candeeiros e lanternas, e mecanismos para a reprodución de nubes ou o despregue de personaxes, entre outras pezas.
Máis información sobre a mostra
na web da empresa Antiqua Escena.
Horario
Do 13 ao 24 de xuño de 2006 entre as 11:00 e as 20:30. Domingo pechado.
Lugar
Fundación Gonzalo Torrente Ballester.