AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG Obras: Os actos e as profecías. Produción propia no marco do proxecto Creativa Europa Phone. Dándolles ás linguas minorizadas unha voz

De Xacio Baño e Tamara Canosa

Ano: 2024

Tamara Canosa, directora

Estrea xoves 11 de abril ás 20.00 h
Funcións do 11 de abril ao 26 de maio
De mércores a domingo ás 18.00 h
Venres e sábado hai unha segunda función ás 21.00 h

ENTRE A VIDA E OS SOÑOS

"Na noite non hai rezo posíbel, todo fica de aquí.
Mais se aínda arde é que hai luz".

Estes versos de Fran Cortegoso espertaron en nós a intuición dunha proposta formal para falar do punto de encontro entre o desexo e o que acontece. Abriron unha porta para asomarnos á veta que une presente e teatro e activaron a necesidade de mergullarnos no misterio que sostén tantas almas pululando arredor da proxección dunha ficción sobre nós mesmas.
Sempre hai pretensión no acto de falar sobre un espectáculo antes da súa estrea, antes de existir. Todo o que digamos é unha idea, unha aspiración. A nosa profecía. Mais se queremos apuntar que sentimos claramente que o mundo dos chamados talents shows, espectáculos televisivos que combinan telerrealidade e concursos de talentos, conteñen moitas fendas vitais con potencialidade para amosar os puntos de fricción entre a vida e os soños, entre a vida desexada, soñada, idealizada, e o presente. A necesidade de ser, de amosarse, de gañar, de triunfar. As urxencias da vida, dos coidados, as dificultades etc. A confrontación, en definitiva, dos soños propios co contorno. Mais no fulgor televisivo atopamos tamén unha invitación á celebración a pesar de todo. A sorrir e brillar e tirar para adiante aínda que o chan estea abríndose baixo os nosos pés. Diso vai o mantra do Show must go on. E a vida, a vida tamén é un pouco iso, non? Avanzar a pesar de todo, como as bandadas, as mandas, os bancos de peixes. Nalgún momentos escribimos algo como: "Nada hai máis cruel que a vida, que avanza coa determinación das feras". Isto, dalgunha forma, é o que atopamos no verso de Cortegoso e o que supón o motor interno de Os actos e as profecías.
Resulta que os insectos voan desorientados arredor dunha lápada porque a súa referencia lumínica natural son os corpos celestes e precisan darlle as costas á luz para orientarse. Dar voltas no ceo e consumirnos polo lume. Un impulso que está nas noites, que está na vida e que está e estará sempre no teatro.

Tamara Canosa (directora)


Sergio Abelaira
Marta Alonso Tejada
Mónica Camaño
Miguel Canalejo
Isolda Comesaña
Manuel Cortés
Antón Coucheiro "Cou"
Iván Davila
Raquel Espada
Xosé Manuel Esperante
Alba Fernández Cotelo
Sara Ferro
Atenea García
Miguel Gendre
Raquel Nogueira Watson
Alba Recondo
Ana Santos Maneiro
Lois Soaxe
Jorge Varandela
Antía Vidal


Dirección: Tamara Canosa
Dramaturxia: Xacio Baño e Tamara Canosa
Elenco: Sergio Abelaira, Marta Alonso Tejada, Mónica Camaño, Miguel Canalejo, Isolda Comesaña, Manuel Cortés, Antón Coucheiro Cou, Iván Davila, Raquel Espada, Xosé Manuel Esperante, Alba Fernández Cotelo, Sara Ferro, Atenea García, Miguel Gendre, Raquel Nogueira Watson, Alba Recondo, Ana Santos Maneiro, Lois Soaxe, Jorge Varandela e Antía Vidal
Vestiario e caracterización: Montse Piñeiro e Marta Ferrer Ucelay
Movemento: Rut Balbís
Espazo escénico: José Faro
Iluminación: Iván Núñez Casal e José Faro
Espazo sonoro: Xosé Lois Romero
Axudante de dirección: Laura Míguez




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal