Nova versión teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas no X aniversario do seu pasamento
Ano: 2026
Cándido Pazó, dirección e dramaturxia
Funcións: do 8 de xaneiro ao 25 de xaneiro. De mércores a domingo ás 18.00 h
OUTRA VERSIÓN TEATRAL DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
Cándido Pazó I Texto e dirección
Hai 15 anos, con motivo do 50 aniversario da publicación de tan celebrado libro, levábase ao palco, en forma de monólogo, o primeiro espectáculo escénico baseado na popular novela de Xosé Neira Vilas.
Por que esta segunda experiencia? Porque o libro máis publicado, traducido e lido da literatura galega ben merece ser visitado numerosas veces e da man das máis diversas artes. Neste caso a teatral, que vén sendo a arte das artes, pois de todas elas se nutre. Porque é tal a riqueza de contidos, sentimentos, referencias e reflexións que contén ou provoca este libro, que cómpre dedicarlle sucesivas lecturas, como acontece con toda obra que, por convención social, acada a categoría de clásica. E Memorias dun neno labrego é iso a día de hoxe: un dos nosos grandes e máis populares clásicos literarios.
E, certamente, porque nestas datas hai dez anos que nos deixou o seu autor, a quen, con motivo de tan sentida efemérides, queremos facer a debida e merecida homenaxe.
Así, se aquela primeira visita escénica se concretaba nunha efectiva pero sinxela fórmula unipersoal na que se combinaban recursos da narración oral e do teatro, esta proposta de agora pon en pé un espectáculo de maior e máis ambicioso formato que, contando coa presenza de sete actores e actrices, se inscribe de cheo nun inequívoco territorio teatral.
Un espectáculo vivo e dinámico que se articula como un concerto de emocións: as emocións argumentais que suscita a atribulada historia do neno Balbino, protagonista do libro; as emocións profundas que derivan da memoria común de herdeiros dun tempo e un mundo rural que aínda resoa na nosa alma colectiva; e as emocións máis inmediatas e epidérmicas que xera o propio xogo teatral (con todos os seus signos: interpretativos, plásticos, lumínicos e musicais), o humor e a comunicación directa co público.
Xúlio Abonjo
Santi Romay
Manuel Cortés
Federico Pérez Rey
Iris Darriba
Mónica García
Ana Santos
Equipo artístico:
Texto teatral e dirección escénica: Cándido Pazó
Iluminación: Afonso Castro
Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez "O Pastor"
Vestiario e caracterización: Martina Cambeiro
Música orixinal: Xosé Lois Romero
Axudantía de dirección: Belén Pichel
Asistencia de produción: Mariña Lestón
Realizacións:
Escenografía e attrezzo: Equipo técnico do CDG
Vestiario: Equipo técnico do CDG
Coordinación e corrección de textos | Asesoría lingüística: Rosa Moledo
Fotografías e vídeos: Miramemira e Rocío Cibes
Cartel: OLS
Deseño gráfico: Trisquelia
Accesibilidade: Culturactiva S. Coop. Galega
Intérprete lingua de signos e audiodescrición: Chusa Pérez de Vallejo
Xaneiro 2026
Viamianzo
Venres 30
Febreiro 2026
Nigrán
Domingo 1
Lugo
Xoves 5
Ribeira
Venres 6
Vilalba
Sábado 7
Rianxo
Mércores 18
Monforte de Lemos
Venres 19
O Barco de Valdeorras
Venres 20
Carballo
Sábado 21