AGADIC

Centro Dramático Galego

aburra_580x250

CDG Obras: A burra, a mesa e o pau

Ano: 2025

Lorena Conde, dirección e dramaturxia

Estrea: xoves 6 de marzo ás 18.00 h
Funcións: do 7 de marzo ao 20 de abril. De mércores a domingo ás 18.00 h

VIVIR NA FÁBULA
Lorena Conde | Dirección e dramaturxia

Para aquelas que vivimos na corda frouxa o azar, a casualidade, os eventos máxicos resultan un escape altamente atractivo para podérmonos evadir das dificultades reais.
As pobres soñamos constantemente cun golpe de fortuna que nos saque do apuro: un décimo de lotaría premiado, un tío rico —e ata agora descoñecido— que deixa un capitaliño nalgures, os trasgos que ao coitado do zapateiro lle fixeron os zapatos nunha noite...
Cando a crueldade da miseria se presenta como inamovible por vía directa, a posibilidade destes remedios fabulosos é do pouco que pode manter á man de obra atada a un esforzo constante e infrutuoso. E, por algún motivo, preséntansenos como máis probables ca o alcance dun verdadeiro reparto xusto dos recursos dispoñibles.
A burra, a mesa e o pau traza unha liña pasando por eses tres puntos: unha vida de esforzos, a loita obreira e unha esperanza teimuda en solucións máxicas.
Queres que cho volva contar?

Sinopse

QUERES QUE CHO CONTE OUTRA VEZ?
Cando o lobo comía verzas e as vacas miañaban había casas nas que soñaban as crianzas con mesas que, só con mandarllo, se cubrían de manxares; ou burras que levantaban o rabo e cagaban ouro a moreas se sabías o que había que dicirlles nas orellotas.
As obreiras, nais das futuras obreiras, aínda hoxe tenden o pan con chocolate e énchense de dicirlles hai que traballar para vivir e tamén isto era un rei que tiña tres princesas, pechounas en tres artesas e botounas ao mar. Vólvocho contar?
Pero que sucede cando o traballo de fóra non dá abondo e invade tamén a mesa da cociña e a vida doméstica coma un gramón de raíz ávida?
Que pasa cando a mesiña dos manxares rompe, a burra escapa axitando as orellotas e o pau só obedece á voz da autoridade para bater no lombo das de sempre?
Pois vaite que este é o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crerlles os contos ás avoas que as promesas aos patróns...

Lorena Conde. Dirección e dramaturxia

Lorena Conde é dramaturga, directora escénica, actriz, artista plástica, narradora e poeta.
No seu labor como creadora sente unha especial atracción polas interseccións sorprendentes entre as artes vivas, a literatura e as artes plásticas. Ela pensa que é neses misteriosos puntos intermedios onde se producen as conexións máis fondas e perdurables.
É co-fundadora das compañías Matrioshka e A Feroz, para as que —segundo o caso—escribe, dirixe e/ou realiza labores de deseño artístico.
En 2024 foi finalista —xunto coas súas compañeiras e compañeiros dramaturgas e dramaturgos do espectáculo Shakespeare en Roma, escrito para o CDG—, ao premio María Casares de Teatro ao mellor texto adaptado. Na literatura ten conseguido galardóns como o XVIII Premio de poesía Miguel González Garcés, o III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, o XXXVI Premio de poesía Cidade de Ourense, o I Premio de Poesía Filomena Dato ou o Premio Follas Novas do Libro Galego ao mellor libro de teatro.

Por orde alfabética:
Xúlio Abonjo
Maika Aguado
Beatriz Barcia
Xosé Manuel Esperante
Andrés Giráldez
Alixa Ladson
Roberto Leal
Mario López
Pablo Loureiro
Carla Mojón
Grial Montes
Paloma Otero
Paulo Serantes
Nelu Vermouth
Arantza Villar

Equipo artístico

Dirección e dramaturxia: Lorena Conde
Deseño de espazo escénico, deseño de iluminación, videocreación, deseño de vestiario e aderezos: Carmen Casal, José Faro, Montse Piñeiro e María Torres Piñeiro
Movemento escénico e coreografía: Amparo Martínez
Música: Inés Salvado Gontad e Cibrán Seixo
Caracterización: Carmen Casal
Confección de vestiario: Raquel Crespo e Neme Vázquez
Asistencia de producción: Keka Losada
Asistencia de dirección: Inés Salvado Gontad

Realizacións

Escenografía e attrezzo: Equipo técnico do CDG
Vestiario: Equipo técnico do CDG
Coordinación e corrección de textos | Asesoría lingüística: Rosa Moledo
Fotografías e vídeos: Miramemira
Cartel: Juan Pablo Venditti e Ana Vidal
Deseño gráfico: Trisquelia
Servizo de accesibilidade emediación para a captaciónde públicos: Sheyla Fariña
Accesibilidade LSE: Lucía Marcos Sanz
Audiodescrición: Salomé Iglesias Gil
Programa accesible: ASPAMITE e Sheyla Fariña

Duración: 100 minutos. Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos.

Agradecementos:
Roberto Rama, Guillerme Fernández, Alberto García Cernadas, Veciñanza de Francos, aldea de Moa, Familia Torres Piñeiro, Moa e Mani, Gregorio Grecia de la Pulga, Belén Pazos Touriño, Marcos Seixo Pastor e Filmoteca de Galicia

Ligazóns

Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte

AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal